Google+
Amosando publicacións coa etiqueta SERGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SERGAS. Amosar todas as publicacións

A miña visión das V Xornadas de calidade e seguridade do SERGAS

O pasado xoves tiven a fortuna de asistir ó HULA co galo das V xornadas de calidade e seguridade do SERGAS e IV congreso de calidade e seguridade da SoGalCa e mais aló de falarvos "do meu libro" como xa fixen nesta ocasión quero facer un pequeno recopilatorio do aprendido e vivido.

En primeiro lugar e como nota persoal a miña ledicia polo reencontro con tanta xente algunha das cuales xa lles perdera a pista (15 anos non pasan en balde); tiven ocasión de visitar o HULA da man de xente ben querida e de compartirmos problemas e ilusions sobre a actual situación....

En segundo lugar a desvirtualización con @LuisAranton @agonara e a xente de Cuidandote.net coa súa tremenda carga de ilusión e bó facer.

En terceiro lugar e non menos importante o gran nivel técnico das comunicacións no que se pode recoñecer certo avance na seguridade do doente e, sobor de todo, a existencia tanto de unha estratexia (vertical) como de unha cultura (horizontal) de seguridade.

Destaques:

O papel outorgado ós doentes como partícipes na sanidade (e na súa propia saúde) con ponencias de doentes. Non esquecer de incluir na vosa axenda o 23/9 o día mundial do Sindrome de pernas inquedas ou Enfermidade de Willis...

O emprego da escala de Sharon e Bower para a asertividade (estudo ASERTIVORX) que ven sendo o paso mais aló da empatía...

A difusión de BILDTEC un recurso de apoio ás persoas xordo-mudas sobre TIC do que tentarei de falar "a propósito dun caso"...

A enfermería como autora de recursos TIC para os seus doentes como micancerdemama.com

A interesante conferencia de Fernando Antoñanzas Villar sobre o complexo cálculo dos custes en sanidade facendo un percorrido polo crecemento da seguridade do doente no sistema e as súas implicacions nos custes

CASSANDRA e PREXSE dous proxectos de xestión da información sobre o que facemos para podermos mellorar

As auditorías de centros feitas por persoal do servicio "intercambiado" e cego... compartindo logo os datos para podermos analizar e mellorar.

Notas negativas: que a revisión dos carros de parada e material funxible sega a ser penosa... non nos percatamos que somo nós os principais beneficiados? e... a práctica ausencia do galego como vehículo de comunicación...

Desvirtualización @LuisAranton , Servidor, @rgomrui e @cuidandote_net

Anverso e reverso


Hoxe vouvos facer esta entrada en galego por contextualizala, pero ben seguro que este asunto acontece en moitas outras partes....

A cousa arranca desta carta escrita pola xerente de xestión integrada de Ourense, Verín e Valdeorras:


e da inevitable tendencia das persoas a querer ler o que mais lle acae ou teme...

O certo é que a ninguén se lle pode pasar por alto as obrigas legais que se teñen sobre os datos dos doentes (seino, o escrito non vai de iso; pero convén lembralo) ou tan sequera a súa identificación mentres se atopa ó coidado do centro.
Tampouco se poden esquecer as obrigas que nos gustaría que as equipas directivas cumprisen sobre a transparencia informativa tanto no referido ós datos asistenciais como ós financieiros ou laborais… pero tamén, e polo mesmo motivo, non se poden esquence-las responsabilidades sobre a información que do centro se emiten por persoas que, amosando a súa pertenza á institución, se outorgan voluntaria ou involuntariamente o papel de portavoces da mesma.

En troques queda dicir que si por asomo esta nota tenta impor algo semellante a unha “lei mordaza” sobre a realidade dos centros (caso “rebujito” por exemplo) é un van intento e non van se-las diátrabas sindico-periodísticas as que o eviten senon unha tozuda realidade e unhas ferramentas sociais que xa non coñecen os límites dos muros nin a lentitude dos tempos de revelado… calquera en calquer intre pode retransmitir en directo calquer escenario (con que teña cobertura 3G chega). Os límites os pon a lei de protección de datos pero pode que quenes a violen xa o saiban.

14 anos dempois... peor, ou non.

Hoxe fai 14 anos que asinei o documento de toma de posesión e viñen traballar na administración pública dende a "explotación" da que daquela era a Fundación Hospital Verín.

Viñen principalmente porque non me gustaba o feito de que me descontaran cartos por poñerme enfermo e moito menos que me obligaran a poñerme de baixa (por varicela, para evitar contaxiar ós doentes) e me descontaran os cartos... tamén viñen porque aínda sendo fixo ó ser laboral podía darse o caso de que un día chegara e recibira unha carta anunciandome que en 15 días perdería o traballo sen mais explicación.

As condicions laborais foran draconianas nun principio (40 horas semanais e non querían paga-la nocturnidade nin aplicar ratio por ela) pero se foran achegando ás da administración. Tede en conta que eu non confundo condicions laborais con temas profesionais e de organización como as funcions e tarefas a realizar.

Logo está o tema de que unha cidade pequena ofrece mellores oportunidades para os fillos... pero non foi algo decisivo.

Agora, 14 anos dempois atópome cunha situación laboral demasiado semellante á que se supón que non quería; cunha capacidade adquisitiva mermada ata os niveis de aquel ano 1998 e con que calquera que non loitara por sacar aquela OPE ou anteriores lle vai contar o tempo como interino co mesmo valor que o meu como fixo nun futurible concurso de traslados... e non sei de onde vou sacar un sorriso...

E ó terceiro ano resucitou...mentras outro camiño remata.

En Xuño faría 3 anos que rematou a que denominei "opereta" a primeira OPE feita polo Sacyl de persoal estatutario.

Evidentemente ó non me ir moito nelo non seguín os diversos procesos paralelos abertos por aquela conxunción astral de "digo, escribo e fago" cousas diferentes que tanta incertidume provocou e volta a provocar en vista da sentenza emitida por un tribunal de alta instáncia que saiu o xoves e que non enlazo porque a quen lle interesa xa a terá na man.

O certo é que unha persoa (e sólo esa persoa) conseguiu que se teña que valora-los seus méritos na fase de concurso pois o proceso seguido conclucou o que marcaban as bases e deixou fora da baremación de méritos ás persoas que aprobaran esa segunda proba facendo o "corte" sobre o nº de plazas e a nota dese segundo exame e non sobre a nota total de ámbalas convocatorias... Total; que a persoa en cuestión (que nestes anos obtivo praza noutro servizo de saúde) terá que escoller unha praza no centro de gasto que mellor lle veña... calquer outro movemento... a 3 anos vista con concurso de traslados resoltos nos que participou xente que abtivera praza naquel proceso (e polo tanto puido perxudicar a outr@s) etc. sería unha sucesión de caos encadeados.

O certo é que tódolos afectados tiveron ocasión de secundar a esta persoa e non o fixeron en "tempo e forma" así que cecais eses dereitos xa caducaron... seica. A min o que me alarma é a cantidade de preitos e recursos ó redor de tódolos concursos que se fan; esto semella mais unha guerra xurídica que un acceso por igualdade, mérito e capacidade. Non vos teño que lembrar que a OPE do 2008 (a de León recentemente incorporada) tamén ten un recurso pendente; este mais "complicado" porque é  un recurso colectivo contra a baremación o que podería producir mais trocos que un. Por non falar da Oposición de funcionarios que ven de ser 'reventada' por outra sentenza...

REFLEXIÓN

Faise precisa unha reflexión do que está a acontecer... para mín todo esto é outro argumento para xustifica-lo que xa argumentei vai tempo... que o mellor sistema é o concurso aberto e permanente (CAP).

FELICITACIÓN.

Mañan sairá publicada a listaxe da Ope do SERGAS para incorporarense dende pasado mañan conxuntamente co concurso de traslados... 2200 movementos todos xuntiños... a menos dun mes do inicio das vacacions... noraboa ´@s afortunados e moita sorte a quen lle toque lidiar con esto.

Dende onte IANUS "prescribe"

A ver; que ando 'retirado' e non teño nin tempo de moito cavilar.

Nestes días lemos unha nova escaramuza goberno central-autonomías por 'quitame aló esa (in)competencia' nesta nova versión imperante dende 2006: o goberno central coida que as suas competencias son invadidas polos autonómicos. A cousa quedaría neso si non se tratase dun tema tan necesario de abordar como difícil de solucionar: O gasto farmaceutico.

I é que dende que "Madrid non paga" cada quen se ven buscando unha solución para frear o incremento da factura en fármacos; factura que, como todas, ten dúas compoñentes básicas o nº de productos e o seu prezo; sobre este segundo factor se veñen traballando centos de iniciativas algunhas que semellan algo efectivas e outras non tanto pero a que agora se debate ten o plus do "valor". Existe unha clara diferencia entre o poder de 'prescribir' e o de financiar e por esa fenda se meteu o SERGAS tras moito esperar unha solución colectiva 'dende arriba' e lanzou o "catálogo priorizado de medicamentos" (.PDF) que en 42 páxinas delimita por cada principio activo ou combinación e dosificación, envasado e vía unha serie de presentacions que son financiadas e, importante, as que non o son.

Habería que colocar esto na "intrahistoria" dese servizo de saúde en concreto; servizo que xa fai uns anos lle conferiu ós propietarios de oficiñas de farmacia (señores titulados que traballan co sistema pero non no sistema) o poder de troca-la precripción dos facultativos e dispensar outras presentacions que "ofrecesen similares efectos e mellores prestacions financieiras". Visto que isto foi como poñe-los raposos a coidar das galiñas (azuis) pois...

Estabamos diante dun precipicio e... demos un paso ó fronte. O devandito catálogo ten outra característica que o fai rechamante: quen o aplica. O catálogo está a ser aplicado por IANUS que é a plataforma tecnolóxica de Hª Clinica na que os profesionais reflexan a súa laboura (nota mental: porque facer, o traballo faise en ou con doentes por moito que non se lles poda nin mirar á faciana para poder poñer todo no ordenador) e onde 'prescriben'....ou pensan que prescriben porque acto seguido o sistema devolve o prescrito "adaptado" ó catálogo... enton, quen prescribe?

A conselleira cifrou en moitos, moitísimisimos cartos o aforro a conseguir con esta medida... non o dubido; polo menos aforraran os incentivos por prescripción de EFG... xa o fai o programa, porqué pagarllelo á xente?

Unha medida así de "novidosa" non podía ter menos que resistencia... en primeiro lugar, como dixen, do goberno central que 'sinte' invadidas competencias... e poder negociador. En segundo lugar; algunha (a maior) organización de profesionais prescriptores que sinten atacada a "liberdade" de prescribir... pero eu quero chama-la atención sobre os silencios (polo menos nos grandes media).

O silencio da industria soa a "deixar facer" confiando en que o goberno central deteña esta iniciativa... cousa que me extrana tendo en conta a efectividade mostrada polos gobernos deste país en facer cosas polos cidadans... ou será por iso? como non se trata dos cidadans senon das industrias e os seus inversores/accionistas pois igual son efectivos. O silencio dos propietarios de oficiñas de farmacia que logo dunhas cantas sancions por trapicheos varios prefiren a axilidade dun sistema no que xeran dereito de cobro con só escanea-lo medicamento detras da TIS do usuario. E, claro, o silencio de outras organizacions de profesionais prescriptores (ou que aspiramos a selo) que...

En fin, a cousa hai que seguila de perto polo que poda ir pasando en varios planos; porque: Si o sistema se trabuca, como pode demostra-lo prescriptor que él prescribiu XXX e foi o sistema o que puxo XYX causante do que fose? Quen e como vai a explota-la abondosa base de datos sobre prescripción por doente(idade, sexo, lugar, características...), patoloxía, profesional presciptor(individuo e profesión)... unha base de datos que en boas mans daría I+D+i para moito e que seguro que fai xemer a mais dun 'estudoso do mercado'?

E mentres alguns seguro que prefiren isto a que 'prescriba' unha enfermeira.

EDICIÓN 5/1/11

Non quería deixar pasar en silencio o documento de "difusión" elaborado pola consellería non polo que dí; senon polo que non dí. Noraboa a quen o elaborou, unha lección de "galeguidade" total: Non che digo que non, pero che digo o contrario ··· Como che digo unha cousa che digo a outra. A única 'non-verdade' que se pode aducir é:
Se a súa marca comercial se atopa no catálogo como produto non priorizado, o seu médico elixirá un produto equivalente para xerar as súas novas receitas

Enténdese que elixirá ··· si quere poder imprimi-la receita.