Google+

E tí de quen ves sendo?



Pois eu sonvos eses de ahí. Enfermeir@ dende 1991; ata o de agora sempre en hospitais.

Malia que puidese exhibir "galons" curriculares ó cabo o que nos fai ás persoas son os feitos e os meus son mais ben modestos, mais son meus.

Gostaba dicir que era corredor de fondo porque, aínda que lento, non era doado que me retirase, logo viñeron as estructuras e a vida a poñer en dúvida cousas importantes e como gardo os principios no seu sitio... 

Valoro a coherencia sen desprecia-los trocos debidos á aprendizaxe ou a novos coñecementos científicos. Gosto mais de compartir e aprender que de figurar ou "ensinar".

Cando escomencei este blogue cumpría fidelmente o seu título coma un cadernos de apuntes persoais, íntimos; logo de facer de "fiestra ó mundo" fun pousando as aportacions, modulandoas coa participación na inmensa conversa que a rede nos ofrece ata que vin que non existía tal conversa...

Tratei de me enfocar na seguridade do paciente a práctica baseada na evidencia e temas relacionados coa profesión do coidar mais non o atinguin... cecais agora.

Os meus obxectivos son simples e apaixoantes: Seguir aprendendo e contribuindo e mostrar que mais ca nunca o valor do SNS está nas mans dos profesionais, a súas capacidades e atitudes.




X. M. Meijome 2021

A una versión completa (que non completamente actualizada) do meu curriculum  
está dispoñible online e tamén está disponible o meu curriculum no formato normalizado de FECYT.