Google+

Carreira "en diferido"

Imos á carreira...

Bueno pois como dicía supermán na primeira serie que botaron na TVG alá polos 80s "arriba e alá vou¡¡"

Por mor dunha sentenza xudicial o servizo de saúde de castela león ven de convoca-lo acceso ordinario ós diferentes graos de carreira profesional CON REFERENCIA Ó 31 de decembro de... 2010.

O detalle do ano semella fútil si pensamos nos méritos curriculares (formación continuada, docencia, xestión-participación clínica e investigación) mais non o é cando a esto se engade unha avaliación de "méritos asistenciais" que, segundo o decreto de carreira, busca valora-las competencias xerais e específicas do perfil.

Compre facer como Jack e "ir por partes".

A carreira profesional é un DEREITO de progresar DE XEITO INDIVIDUAL apoiado e delimitado nas leis estatais (LOPS, Lei de cohesión i Estatuto marco) e articulado na normativa autonómica (Estuto xurídico 2/2007) en concreto no decreto de carreira xa citado e as ordes 1443/2009 e 249/2010 que a modifica.

Este dereito tivo, en castilla e león, a característica engadida de ser froito dunha NEGOCIACIÓN entre a administración e as forzas representativas publicado no BOCYL (cousa rara) pola mesma xente que agora dí que é "inalcanzabel" pero que eu xa o avisara...  e o criticara.

Así pois o decreto de carreira define os requisitos formais para acceder a cada grao e o conxunto de créditos mínimos para cada área de avaliación e cada grao de carreira segundo as diferentes categorías de sanitarios e non sanitarios.
Pola súa banda as ordes citadas definen o procedemento das convocatorias e as táboas polas que se rexirá a avaliación dos méritos curriculaes e asistenciais.
Esas ordes conteñen puntualización que non debemos deixar pasar por alto e que son clave no que está a acontecer:
*O artigo 9.3 indica que o prazo máximo para resolve-lo procedemento é de 6 meses... e xa levamos algunha ampliación de prazo.
*O artigo 4 indica que cada xerencia FACILITARÁ ó persoal ó seu servizo a información necesaria sobre o procedemento ordinario ··· a tramitación de solicitudes e o envio de documentación correspondente ó comité específico
*O artigo 8.1 indica que a administración publicará uns manuais para a autoavaliación dos méritos asistenciais... que veñen de colgarse (para o grao I supoño que non haberá variacions para o resto) na web de SACYL.

O proceso ten dúas fases ben definidas de avaliación:

Nunha primeira fase avalíanse os méritos curriculares (non asistenciais), faise unha autoavaliación sobre un aplicativo web (sen adxuntar méritos) que é valorada polo comité específico correspondente tamén sobre a base do aplicativo web. O informe pode ser favorable ou desfavorable.

Os solicitantes que superan esa primeira fase teñen logo 20 días naturais para realiza-la autoavaliación dos méritos asistenciais atendose ás instruccions dos manuais xa citados e confeccionando un dossier EN PAPEL con copias de documentos clínicos ("debidamente anonimizados") que xustifican os méritos requeridos respecto a: Autoanálise do posto de traballo, avaliación do desempeño profesional e grado de desenrolo na prestación asistencial.

Un proceso complexo que precisaría de vías moi eficaces para a consulta de dúbidas e o correo ofrecido (carreraprofesional.grs@saludcastillayleon.es) non semella selo.

Tamén resulta clave o que NON poñen as ordes reguladoras e non queda claro no ordenamento xurídico: É un motivo lexítimo a cumplientación da documentación deste proceso para acceder á historia clínica dun doente que xa non estou atendendo?

Engádese a dificultade, nunha gran maioría dos casos, de chegar a saber tan sequera a qué doentes atendiches nas datas en cuestión (fai 5 anos) para obte-la información sobre a cumplimentación de rexistros

Como queira que sexa a propia administración entende que as peticions de historias clínicas poden, ademais, altera-lo traballo normal dos arquivos e xa suxire que...
En todos aquellos supuestos en los que no se pueda cumplimentar una prueba por imposibilidad material de aportar la documentación requerida (historias clínicas, protocolos, evidencias de conformidad de compañeros, superiores o pacientes, etc.), dicha prueba o evidencia deberá sustituirse por un INFORME MOTIVADO del profesional, justificando su imposibilidad. Este Informe se introducirá en el sobre correspondiente a la evidencia a la que se refiere.
E adxuntan un modelo de informe para xustificalo.

Así pois semella que estamos ante un novo "Katraska" xuridico-administrativo do que poucos ou ningún sairemos victoriosos.

*Fago esta entrada en galego para que non a lea ningúen... que ven sendo o que se pensa das normas e das informacions así en xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input