Google+

Raro, non invisible

A lingüistica ten que aceptar que trata unha ferramenta imperfecta nun entorno complexo e que muda constantemente... Entre as "pezas" desafortunadas que esta ciencia pon ó noso alcance a verba "raro" leva unha mención a parte.

Di unha canción que "raro" non é diferente... Cecais debería engadir que non debera ser sinónimo de invisible.

Hoxe as autoridades sanitarias pertinentes marcaron o día para lembrar, falar, sinalar... a un grupo de doenzas pouco frecuentes na estatísitca mais que mancan, limitan, asustan... doenzas de múltiples clases e manifestacions mais que deixan ás persoas nunha especial situación de ese estado que é "estar enfermo" porque ademais cáseque ninguén sabe que é o que lles pasa.

A min como enfermeir@ de quirófano, preocupado pola seguridade do doente e "convencido" do valor das evidencias e da utilidade das ferramentas TIC non me doen prendas en dicir que me sinto mais tranquilo agora que podo consultar "en directo" información fiable sobre calquera destas doenzas si un paciente ó que teño que tratar padece unha delas, por exemplo as guías de actuación de emerxencia.

Así pois pode que estas doenzas sexan menos frecuentes ou minoritarias pero a nosa obriga de garantir unha atención axeitada e sen dano segue a se-la mesma e lonxe de ignoralas coa axuda da información e da formación podemos proporcionar unha atención segura e de calidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input