Google+

Prediccions pasadas non garanten acertos futuros

Lendo nas entradas vellas do blog para sacar imaxes e contidos para a presentación do luns dín coa entrada das "Alarmas acesas" nas que falaba de que
"Os 'novos' responsabeis políticos da(s) sanidade(s) estanlle a ver as orellas ó lobo que xa anunciara F. Abril Martorell hai mais de 10 anos."
ó fío dun artigo sobre a utilización das prestacions sanitarias do SNS por parte de persoas maiores comunitarias...hoxe que se está a aprobar unha normativa comunitaria sobre o tema me senta ben saber que aquelo non fora unha "iluminación" senón unha reflexión sobre a realidade.

Mágoa que sexa como o tema das entidades financieiras e "rendibilidades pasadas non garanten rendibilidades futuras" ainda que no meu interior vislumbro un panorama no que nos veremos na obriga de ser audaces, inovadores, convincentes e testanes para seguir a ofrecer un servizo que teña aínda mais calidade (porque teña menos EAs) e que supoña un custe aínda mais axustado para TODOS porque, a sanidade non a pagan só os que acuden a ela; pagámola TODOS e, cecais, mais que plantexar 'repagos' habería que limita-la "demanda interna" do único xeito que semella ser efectivo...hai un vídeo moi bonitiño dun médico asinando 50 receitas nun minuto...en primeiro lugar qué desperdicio de 12 anos de formación, en segundo lugar lembreime dunha frase de Bestard que dicia que o que mais temía un xerente era a un tipo cun bolígrafo que soubese empregalo sen que lle fose nada nelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input