Google+

Os números da enfermeiría nos EEUU



Dos 5,5 millons de enfermeiras dos EEUU só a metade son RN (Muller branca maioritariamente) estas gañan si un soldo considerablemente maior que o de eiquí (media de 31$ hora) pero non temos un referente de custe de vida nin de nº de horas anuais de traballo e seguramente a "antiguedade" non é un factor variable no salario. Eiquí con 1420 h/ano virían sendo 29500€ anuais... pero unha enfermeira especializada en anestesia chega ós 86000€ anuais.

Mais aló das referencias escatolóxicas os riscos da profesión fan que teña mais lesions que os traballadores da construcción, que sufran mais agresions que os vixiantes de prisions e unha de cada 5 enfermeiras dos servizos de urxencia hospitalaria cumpren os criterios para ter un Desorde de stress post-traumático.

A enfermería ten unha grande demanda, de feito, é unha das poucas profesions que gañou postos de traballo no 2009. Calcúlase que hai 135000 postos de traballo sen cubrir e que no 2020 serán 1 millón.

Esto está afectar á calidade e ós resultados nos doentes e as empresas escomenzan a saber que contratar unha enfermeira é mais barato que pagar unha idemnización por non tela razón pola que os soldos están no seu punto mais alto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input