Google+

Visions de Portugal IV

¿E que hai en Portugal sobre o tema da seguridadade do doente?

Para elo a organización do congresso empregou dous focos:

Un centrado nas infeccions nosocomiais (I.N.) nas que Portugal, coido, está por diante no que é "músculo lexislativo" pois a lexislación creou as Comisions de Control de Infeccions (CCI) nos centros hospitalarios mais tamén como órganos da dirección de saúde pública das axencias rexionais de saúde. Estas comisions estan obrigadas a remitir informes periódicos de incidencia, prevalencia e medidas tomadas contra as I.N., contan cun cadro de persoal fixo (SEMPRE con 1 enfermeira por centro hospitalario) e con persoal que debe adicar un número de horas semanais ás labores da comisión (microbiológos, facultativos asistenciais de diferentes departamentos). Realizan tamén as labouras de difusión das iniciativas para o control das I.N. e programas de formación para todo o persoal.

Interesante me semellou a iniciativa de incluir no informe de alta de calquer doente intervido nun hospital unha especie de "cupón pre-enchido" para que a enfermeira de atención primaria lles remita (a custo xa pagado) informado sobre a evolución do doente pois, segundo os seus datos, un 20% das infeccions de ferida cirúrxica non constan porque son diagnosticadas e tratadas en A.P. Sería este outro campo de investigación para a enfermería...

O outro foco protagorizouno o Doutor José Fragata cunha exposición ampla sobre os conceptos fundamentais dos riscos na sanidade e sobre como afrontalos dende unha cultura da "non ocultación, non culpabilización" e o doble campo de actuación proactivo e de análise dos factores (sempre multiples) que levan a un EA.

Tiven a sorte de ser sorprendido por conceptos que coñecía mais non tiña ben asimilados como a "Perfomance axustada á complexidade" da que fala neste libro (acepto donacions) e delinea neste artigo ou como a acumulación de 'eventos minor' ten mais importancia para a aparción dun EA do que a maioría pensamos e citou para elo o artigo de Marc R. de Leval "Beyond Flatland"; un exemplo de análise do entorno de prestación da atención sanitaria dentro do marco teórico do caos.

O Doutor Fragata xunto con outros profesionais está a preconizar a posta en marcha dun sistema integrado de xestión de riscos na sanidade portuguesa que inclua un rexistro de EAs 'mixto'; en parte obrigatorio (EAs graves) i en parte voluntario ('near miss' e EAs non graves). Un plantexamento no que mencionou a iniciativa do Plan de calidade do SNS (en concreto o ENEAS) e, tamén, o problema deste por ser a estructura da sanidade española descentralizada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input