Google+

10 anos de... Bierzo

Aínda que foi onte o día como xa había algo mais importante que sinalar e tiña a entrada escrita vai tempo deixo esta para o 16.

Van 10 anos que o BOE publicou a que sería a derradeira tanda de nomeamentos dunha oposición "normal" e que significou para os catro de casa unha viraxe cara ó descoñecido...

¿Variou tanto a miña situación laboral?; Si, supoño que agora non son tan consciente como cando cheguei porque daquela todo era un entramado de asuntos importantes a resolver e encaixar. Monetariamente perdín algo mais polo turno de mañans que polo troco de administración, no canto das condicions pois variou dabondo... deixei de estar teoricamente ó albur da simpatía que lle despertase ós meus inmediatos superiores.

Non me considerei nin daquela nin agora mellor que as persoas que con mais ou menos experiencia traballaban canda min con contratos eventuais/vacantes, para mín tratouse só dunha cuestión administrativa, eu non decidín como se dan os contratos indefinidos (ó final un nomeamento é iso) é mais, eu preconizo que a administración un sistema permanente ben ponderado de contratación temporal e cobertura de vacantes e nomeamentos por baremo (tempo traballado + méritos de I+Do+For) sería mais barato i efectivo. Constituiría un primeiro escalón na carreira profesional...

Levo aprendido algunhas cousas e coido que teño oportunidade de aprender moitas mais malía ós intres de desalento e os cabezazos contra os muros; a enfermería ten un amplo papel no medio cirúrxico no desenrolo das súas competencias e dos seus propios procesos para atender ós doentes como no aspecto técnico e de relación cos outros profesionais que alí traballan. Nelo estou e nelo sigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input