Google+

Visions de Portugal II

A polémica das especialidades só pode ter unha solución: Un modelo europeo.

Acudín ó I Congresso de Enfermagem Perioperatória do CHAA para falar nunha mesa de debate de ideas sobre as especialidades da enfermería perioperatoria. Como xa se pode ver neste diagrama...



...en Portugal após do interinato de posgraduado (que tratei na primeira entrada da serie) hai previsto un segundo interinato para acadar o título de especialista tras un programa formativo que será definido pola Ordem dos Enfermeiros -OE- (o equivalente ó colexio profesional) dentro dun marco de competencias e habilidades da especialidade que tamén será definida pola OE na mentras que as condicions de acceso e os criterios de avaliación os fará a organización que se encargue da especialidade.

Os puntos fortes deste sistema son:
  • A aparente grande independencia da organización profesional para a súa autoregulación
  • A grande competencia que sobre a propia formación dos profesionais demostra a organización profesional.
Como ben puiden comprobar vai ano e medio en Fuenlabrada o panorama das especialidades de enfermeiría, as súas competencias e habilidades, os requisistos de acceso e obtención do título, o recoñecemento das titulacions e a remuneración e 'empregabilidade' dos enfermeiros especialistas é moi diferente dunhs paises ós outros dentro da aparente unidade de mercado laboral da UE.

O 'mapa' das especialidades non está aínda pechado en Portugal, mais todo apunta a unha solución intermedia na que se fuxe do grande 'caixon de sastre' que é a macroespecialidade medico-cirúrxica (ata agora existente no pais veciño) por especialidades centradas nas condicions do doente; propóndose así a especialidade de enfermeiría en condicions críticas que abranguería dende a hemodiálise ata os coidados intensivos encuadrando nela ós coidados perioperatorios.


Xa centrado no que ocupaba á mesa se trata, sen dúbida, dunha cuestión de visión... eu xa expresei parte das miñas matizacions noutra entrada mais quero compartir con vos alguns dos argumentos expresados en favor da creación da especialidade de enfermeiria perioperatoria en conxunto por seren algo mais 'vendible' cara ós empregadores que, ó final, son os que lle van por valor as especialidades...

O doente cirúrxico e o período perioperatorio teñen unha caracteristica fundamental que diferencia as súas necesidades previsibles independentemente do proceso no que se atope inmerso e sempre tendo en conta os seus condicionantes de saúde previos. Vai a ser exposto a unha agresión brusca nun lugar descoñecido cheo de artiluxios tecnolóxicos cedendo o control non só dos acontecementos senon das propias funcions vitais ós profesionais do quirófano.
O período de tempo de todo o proceso perioperatorio non soe abranguer mais aló das 24 h (+/- 18h) mais nel a equipa de enfermeiría debe abordar grandes desafíos ben pola complexidade técnica do proceso e os medios a empregar nel, ben pola marcada diferenciación das actuacions propias da enfermería na laboura de preparar, acoller, acompañar e recuperar ó doente da agresión quirúrxica.


¿pode ter sentido esta sola especialidade, pode ser abarcable con calidade en tódolos contextos, qué facemos por exemplo cos doentes que padecen dor crónica; onde se encadran, por exemplo, os perfusionistas...?. Pode que a solución deba ser 'dimensionable', adaptable ós centros de traballo ata certo punto. Mais debe existir un cuadro ben definido de competencias, capacidades e habilidades diferentes entre a enfermería xeralista e a(s) enfermeiría(s) especializadas e dado que a dita diferenciación DEBE estar presente no ámbito retributivo e no mercado de traballo está na lóxica que a distribución das especialidades se faga homoxeneamente dentro do espazo laboral; e o noso espazo laboral é, legalmente, a Unión Europea.


¿Como pode ser que se expidan títulos habilitadores para unha especialidade con unhas competencias recoñecidas en Noruega (onde a enfermeira especialista en anestesia realiza os procedementos anestésicos loco-rexionais a doentes ASA I) e veña con ese título a España e non só non se lle retribua con respecto a ese título senon que sexa obxecto de persecución por 'intrusismo profesional'?

Fai falta por lóxica de mercado laboral unha ordenación do tema das especialidades sanitarias no espazo da UE e sería bó que as agrupacions profesionais e nomeadamente a de enfermería emprendesen o camiño de facelo proactivamente antes de que os grupos de presión xoguen as súas cartas na ben engraxada trama dos lobbies da 'eurocosa'.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input