Google+

O remate da opereta

Xa chegaron os acordos de primaveira ó Sacyl e, de súpeto, lembraronse da oposición de enfermería que estaba no 'hiperespacio' e publicaron a listaxe de persoas que superan o proceso e as prazas a seleccionar...

Mágoa de facelo MAL. Nin se atende ós recursos polo 'deslid' do primeiro exame feito un Caos por falla de valor dos encargados de vixia-lo procedemento, nen se atendeu ós recursos contra as respostas do segundo exame algunha delas que contradí o publicado no BOCYL sobre o calendario vacunal.
Mais o peor é que se publique unha listaxe sen cubri-lo total de prazas nen facer a pertinente asiganción de reservas e, aínda por riba, un sistema de selección de probas por escrito que, ó meu entender, pode dar lugar a 'despistes' e adxudicacions "sospeitosas"; mira ti como para o acto de escoller a comunidade é tan grande que o mellor é non levar a 400 persoas a Valladolid a un acto de escoller destino senon facelo descentralizadamente... mágoa de non facer así mais cousas comenzando polos exames...

Noraboa @s compañeir@s que rematan este longo camiño e a ver si agora xa se pode pecha-lo desastre da Santaope adxudicando ós "reingresos provisionais" e (sobor de todo) @s compañeir@s que tiveron que escoller destino lonxe unha praza no centro que lles correspondía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input