Google+

A seguridade do doente "salta" ós medios

Bueno, xusto agora que estamos tentando por en marcha un grupo funcional de seguridade do doente no HB e que se estan a desenrolar importantes proxectos de implantación e seguimento de iniciativas implatación de prácticas seguras e indicadores de seguridade do doente no ámbito estatal era inevitable que este tema saltara ós medios in-comunicativos.

Faino da man dunha iniciativa á que lle estamos a segui-la pista dende a súa orixe no famoso artigo da "Lista de comprobación" e que vai a por ó SNS de estrea como sistema integrado mercede a unha iniciativa dunha asociación profesional que acomete o papel de coordenación que semellan ter abandoado os políticos no organismo correspondente. A mágoa é que a iniciativa volte a deixar fora (aparentemente) á enfermeiría cando, xustamente, no artigo citado a grande valedora e artífice de que as comprobacions se realicen efectivamente durante o procedemento é a técnicamente moi adestrada e administrativamente ignorada enfermeiría de coidados especiais.

De tódolos xeitos quero facerme eco da grande laboura que dende hai 5 ou 6 anos ven facendo a axencia de calidade do SNS que articulou unha estratexia DAFO i está a por en marcha liñas de mellora en moitos eidos sempre en colaboración cos servizos de saúde autonómicos e con institucions académicas e profesionais de recoñecido prestixio. Coido que facer saltar estas iniciativas ós medios pode conducir a confusión si non se xestiona axeitadamente a comunicación da realidade e das medidas que se toman e da implicación que teñen nesta estratexia as asociacions de doentes.

As vontades e a enfermería.

Na semana pasada tocou no meu centro a visita da equipa encargada da implantación do rexistro de instruccions previas no Sacyl (Dirección Xeral de planificación, calidade, ordenación e formación). Trátase dunha iniciativa que tenta cubrir unha grande deficiencia prágmatica e cumprir co imperativo legal expresado na lei 41/2002. O plantexamento semella correcto pois a campaña divulgativa levase a cabo no tempo de posta en marcha do rexistro de instruccions previas e coincide coa entrega das claves de acceso ó mesmo para o persoal facultativo A1 do Sacyl. Mais, ¿u-la enfermería?

No eido dos coidados paliativos unha das definicions mais recoñecidas é a que dí que ó doente xa non se lle percura a sanación senon o alivio e que a dignidade humana pasa a se-la primeira consideración da atención sanitaria. A enfermeiría ten tanto na atención primaria como na especializada e nos centros socio-sanitarios un papel destacado e relevante na atención a estes doentes e mantén un contacto mais frecuente propio da intensidade dos coidados que istas persoas precisan.

No eido da información sanitaria en xeral a enfermería ten as obrigas deontolóxicas i éticas propias dunha profesión sanitaria desenrolada e ten os coñecementos e as ferramentas de comunicación precisas para levar a cabo esta tarefa tanto de xeito informal dentro das súas actividades diarias como de xeito formal dentro de campañas de difusión e sensibilización institucionais.

Polas capacidades enumeradas non entendo, e me semella un grande erro, que tanto no texto normativo como nos folletos da campaña divulgativa se ignore o papel da enfermería tanto no asesoramento dos doentes sobre que é e para que sirve un escrito de instruccions previas como para a información de como se fan nas súas diversas modalidades e como a inscripcion do mesmo no rexitro do Sacyl pode facilitar o seu recoñecemento no caso de seren preciso incluso noutros centros e servicios de saude diferentes do domicilio.

Trátase dunha incoherencia facer fincapé no grande traballo da profesión enfermeira no eido dos coidados paliativos e da información á poboación e que se lle ignore completamente no intre de por en marcha esta ferramenta de "coresponsabilidade" dos doentes cos seus coidados. A enfermeiría pode orientar a moitos doentes a interpretar correctamente as posibilidades dun documento de instruccions previas e as vantaxes de rexistralo.

Outra que remata, ou non.

A OPE do SERGAS leva no hiperespacio dende Septembro de 2007. Resulta moi indignante que tanta xente siga pendente de si colle nomeamento ou non ou si onde o colle ou si, de non collelo, vai perde-lo seu contrato.

Para min é outra proba mais (e van tantas...) de que a oposición-concurso non é un sistema áxil (agás de xusto) para a provisión de postos e non me resulta coherente reclamar o seu emprego ó tempo que se afirma que hai un alto índice de interinidade... Podería tratarse dun sistema de elección para postos concretos ou para circunstánciasnas que exista un índice de interinidade moi baixo. O sistema de convocatoria aberta e permanente pode e debe ser empregado pois é mais áxil e garante a rápida cobertura de postos; outra cousa é que precise un sistema de contratación, en especial dos contrartos de longa duración, con mais garantías e que, ó mesmo tempo, priorice dunha vez as capacidades dependendo das áreas de traballo.

Oportunidade estragada

Hoxe mentras escribo estas verbas debera estar aproveitando unha ocasión de me formar e, sobor de todo, de preguntar moitas dúbidas prácticas que teño no eido da evaluación económica de tecnoloxias sanitarias mais desta volta non foi como o ano pasado que aproveitei para face-lo curso de estadistica (porque teño a teima de ler no Bocyl) e 'outras' cousas...

O certo é que, como ben dí a miña compañeira, non se pode estar en todas partes e hoxe era imposible... Quixen aproveitar para que se dera paso a outra xente mais non foi posible e o lamento.

O tema da evaluación económica non debera ser tido como tan tabú polo "persoal de trincheira" mais o é e case sempre en dúas versions (seguro que existen estudos tamén sobre isto); eu observo, por unha banda, o extraordinario recelo que as verbas 'custes' producen n@s compañeir@s e no persoal en xeral; sempre se fai alusión ó conflicto entre o interés particular dun doente en concreto e o interés en xeral de tódolos doentes o que debera limitar a unha 'xusta medida' os esforzos e recursos que se empregan en cada caso... unha senda perigosa que leva a múltiples confrontamentos eticos. Logo está a "frase escudo": "Si, mira lo que gasto en X mientras estos/aquellos/los de más allá despilfarran en Y".

Agora en "román paladino" das notas que tomei mentras leia a documentación...

Pero, justamente, ese es el quid de la cuestión. Yo creo que la gente se hace una composición de lugar en la que piensa que los gestores ordenan Eficiencia, efectividad y eficacia en ese orden y ellos justo al contrario. Esto provoca que la palabra 'coste' y las evaluaciones de los mismos sean una ventana oscura.

Tener en cuenta sólo la eficacia y no la efectividad de las opciones que podemos tomar es confundir “Libertad clínica” con “Ceguera clínica”; la eficiencia se 'añade' gracias a los EEIS que comparan unas opciones con otras...pero es dificil hacer esto bien y hacerlo mal no sirve de nada. Un análisis económico ‘serio’ es complejo y no puede ofrecer resultados simplificados referidos a un único paciente hipotético sino que debe ofrecer una relación entre cada grupo de pacientes que se puede favorecer de cada opción ofrecida y el coste de la mejora obtenida para cada grupo con cada opción.

A voltas co computo da guardia

Sei que moita xente dirá que isto non afecta á enfermeiría; coido que se trabucan pois afecta e moito e mais afectará si de verdade se poñen en marcha as especialidades.

Hai 4 anos aprobouse a directiva 2003/88/CE "relativa a determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo" que recollia como computables as horas de guardia presencial foran ou non con actividade. A patronal europea e paises como o Reino Unido e Alemania estan a presionar para que na revisión desta directiva se modifique isto e na vindeira xuntanza do consello de ministros de traballo, politica social, sanidade e consumidores que se vai celebrar os días 9 e 10 de San Xoan se vai debatir unha proposta de Eslovenia no sentido de modificar isto e que as horas inactivas de guardia NON computen como traballadas...

Seguramente que o MSC en nome das comunidades se opora 'formalmente' mais a ningúen se lle escapa o ruido de "vento de alivio" que se produciría nos despachos de modificarse a norma pois, ista SI, a aplicarían rápidamente e non como a do 93 que a tiveron "oculta" nos caixons ata que as sentenzas xudiciais lles obrigaron a cumplila.

Coido que sería un pouco temerario tomar esa medida e non só en prol da "calidade" do traballo realizado durante a guardia e os posibles abusos que se cometerían (imaxinadevos as consecuencias do tema na sanidade privada) senon pola entrada en escea do factor "actividade/inactividade" e a consecuente burocracia para xustificar que calquer tarefa realizada no periodo de guardia se compute (como corresponde) e... como computar eses "momentos Jhonn Ballan" nos que facemos varias tarefas ó mesmo tempo?... vai ser moi interesante (ou non).

O remate da opereta

Xa chegaron os acordos de primaveira ó Sacyl e, de súpeto, lembraronse da oposición de enfermería que estaba no 'hiperespacio' e publicaron a listaxe de persoas que superan o proceso e as prazas a seleccionar...

Mágoa de facelo MAL. Nin se atende ós recursos polo 'deslid' do primeiro exame feito un Caos por falla de valor dos encargados de vixia-lo procedemento, nen se atendeu ós recursos contra as respostas do segundo exame algunha delas que contradí o publicado no BOCYL sobre o calendario vacunal.
Mais o peor é que se publique unha listaxe sen cubri-lo total de prazas nen facer a pertinente asiganción de reservas e, aínda por riba, un sistema de selección de probas por escrito que, ó meu entender, pode dar lugar a 'despistes' e adxudicacions "sospeitosas"; mira ti como para o acto de escoller a comunidade é tan grande que o mellor é non levar a 400 persoas a Valladolid a un acto de escoller destino senon facelo descentralizadamente... mágoa de non facer así mais cousas comenzando polos exames...

Noraboa @s compañeir@s que rematan este longo camiño e a ver si agora xa se pode pecha-lo desastre da Santaope adxudicando ós "reingresos provisionais" e (sobor de todo) @s compañeir@s que tiveron que escoller destino lonxe unha praza no centro que lles correspondía.