Google+

Oferta

Haberá opinions para todo, coma sempre. Eu coñecía o proxecto de OEP 2008 mais non o detalle das prazas estatutarias. Agora xa o sei e vexo cousas positivas mais tamén cousas criticables e mais tendo en conta o que, a partires de hoxe, me vou a atopar no meu centro.

1240 prazas do grupo B cando se esta a piques de resolver unha OPE tras...!!!2 anos¡¡¡ poden semellar moitas mais o seu efecto estará suavizado polo tempo que se tarde de realizar todo o procedemento e polas novas necesidades; explícome, é un pouco como a antiguidade (trienios) e a Carreira Profesional (quinquenios ;) que co tempo perden valor porque o IPC sube mais. Ás prazas en globarl acontecelles o mesmo, primeiro moi bonito mais logo chega a data na que se incorporan @s novos propietarios e coas xubilacions, abandonos, traslados e novos centros e servizos do tempo que leva o procedemento xa temos outra volta a mesma taxa de interinaxe.

Mellor aínda as 800 de facultativos de especializada que seica se centran no que se precisa agora e, penso, deben incorporar as vacantes dos procesos "fallidos" da OPE 2005; fallidos por mal deseño e mala execución, fallidos por prepotencia ou inocencia e fallidos porque no intermedio alguns profesionais que tiveron ocasión foron tomar posesión de praza noutras comunidades que SI resolveron os seus procesos.

O mais chistoso é que se afirma que hai melloras retributivas e de carreira profesional; ¿logo porqué está a categoría A1 de folga?, ¿porque non se recoñece e cobra o grao II da Carreira Profesional tendo botado o papeleo -innecesario, insisto- hai xa 4 meses?... as mentes mal pensantes coidarán que é cousa desta "semana fantastica" e pode que non lles falle a razón.

A afirmación da "vontade de mante-las equipas" contradise co principio de libre concurrencia e coa obriga de convocar a traslado unha porcentaxe do total das prazas a incluir na OPE. Non se desvela o 'mecanismo' a empregar para tal fin mais nos bufetes de avogados afíanse os argumentos.

Os representados forzosos temos a certeza que os representantes voluntarios comparten a responsabilidade desta oferta e que teñen a obriga de facer que se leve a cabo nun prazo razoable dentro da legalidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input