Google+

Formas de desacreditar ou acredita-la formación.

Únome casualmente á conspiromanía para anunciar o futuro escándalo dos créditos de formación contínua e proporcionar un punto de vista resolutivo.

Dende que entrei nesto profesionalmente vin, como calquera, que manterse actualizado é unha obriga para o profesional sanitario malía a súa especialización nunha faceta concreta. A dita actualización non tiña que ser precisamente mercede a cursos; podía e pode facerse dun xeito autodidacta mercede á leitura de artigos, participando en sesions clínicas e seminarios; incluso participando en congresos.

Mais, como ó principio bota un moito tempo dando tumbos dun servizo a outro e por diversos centros a formación contínua ten outras finalidades: completa-la formación básica, abrir novos eidos formativos non abordados polo plano de estudos, etc. ata que se crearon os ben intencionados sistemas de contratación temporal e a baremación dos cursos e publicacions(este apratado non me atrevo nen a esbozalo...).Si ben ata ese intre cursos e publicacions puntuaban para os concursos e Ofertas Públicas de Emprego (OPE) o certo é que o xurdimento destes sistemas significou a defenitiva 'mercantilización' da formación continuada de tal xeito que ó valorar que cursiños se ian a realizar o principal criterio era o de "pesetas/punto".

Simultaneamente creouse o sistema de acreditación da formación continuada e a Comisión de Formación Continuada (CFC) centralizada inicialmente en Madrid e cun selo característico; de tal xeito que non tódolos cursos eran válidos para segundo que uso e só os que estivesen acreditados con ese selo eran de recoñecemento 'obrigatorio' nacional. De seguido proliferaron os cursos a distáncia acreditados e se puido observar como cada empresa de formación conquería a acreditación dos seus cursos sempre no mesmo organismo... Tamén de seguido se escomenzou a falar da necesidade de facer algo mais que acredita-los cursos para asegurar un rigor científico e unha adecuación ós obxectivos estratéxicos do Sistemas de Saude Autonómicos (SSA's) e do Sistema Nacional de Saude (SNS).

Os derroteiros políticos deixaron o tema apartado e para ben ou para mal desenrolouse unha 'industria' da formación continuada na que participaba a própia administración, acusada incluso de competencia desleal, por cumplires o lóxico mandado de proporcionala; os colexios profesionais, os sindicatos, as universidades, organizacions benéficas i empresas de todo xeito (editoriais, academias, aseguradoras...). Todas elas tentando; ben por vía da acreditación, ben por via da inclusión nos baremos dos correspondentes sistemas de contratación temporal e/ou definitiva (OPE) que os seus cursos tiveran o máximo "valor" para os potenciais clientes. Chégase (e se sigue facendo) a puntuar cursos de preparación para oposicions de discutible valor como formación contínua.

E agora ven a reviravolta de dobre lazo que representa por un lado a carreira profesional e por outro as 'non natas' especialidades... sen falar do qué se fará para a convalidación do título de grao. Non cabe dúbida de que a obriga moral e técnica da formación continuada ten que estar valorada e baremada dentro do sistema de carreira profesional; é mais, para mante-lo impulso a necesidade de formación é polo que sosteño que os graos 3 e 4 sexan reversibles... mais isto acaba de facer estoupar a delicada credibilidade do sistema de acreditación e a escasa calidade da información que se fai respecto á formación continuada e ás formalidades dos títulos expedidos.

Explícome: Cando un remata a carreira e obten o seu título universitario este contén no seu reverso un código alfanumérico de identificación que permite a calquera verifica-la súa veracidade no rexistro correspondente non só da universidade que o expediu senón que tamén a nivel central no rexistro estatal correspondente. Mais isto non se fai de xeito obrigatorio coa acreditación CFC; que si ben non ten porqué ser concedida por unha única autoridade acreditativa si que debera codificarse de tal xeito que para comporba-la veracidade e características (horas acreditadas, modalidade da formación, cualificación obtida, eido(s) sobre os que versa etc.) dun curso bastase introduci-lo dito código nun formulario de consulta.
¿Porque desta "conspiranoia"?; porque, polo menos no Sacyl, os créditos empregados na obtención dun grao non se poden empregar en outro (lóxico) mais non se observa ningún sistema que garanta dito extremo e, por outra banda, nada impide a un servicio de saude non considerar os cursos acreditados por outro si pensa que quen o acreditou non é quen debería telo feito...
Hai moitos cartos en xogo para as empresas de formación e para os traballadores; o SNS xógase moito coa formación contínua que é unha ferramenta para introducir melloras e calidade, para premiar avances e para o desenrolo profesional. Hai que tomala en serio e xulgala coa mesma rigurosidade que á formación academica, incluso, ó nivel de facer auditorías non só dos cursos senon tamén dos sistemas de acreditación e dos medios docentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input