Google+

Cando hai que por distancia para dicir verdades

Moi interesante o artigo de "El Pais" de hoxe sobor dos médicos españois en Portugal...

Hai cousas que constituen auténticas 'queima das naves'; verdades coma puños que mancan ós que realmente, sin ter capacidade intelectual nin de autoridade, teñen un obxectivo único: Mante-lo control do tema sanitario para seguires facendo cartos.

Frases como:
"Son pocos y tienen mucho poder". "Y tratan de mantener su élite apretando en el numerus clausus", ...(marcharon)"hartos de un sistema totalmente perverso y cerrado".

Falan por si mesmas. Pero hai mais; non só se fala do control do mercado laboral, da súa limitación para, estreitando a oferta e ampliando a demanda obter mais senon que se vislumbra a participación do sector industrial...
"Me ofrecieron una beca de párkinson en Sevilla. Consiste en ser el chico para todo de un médico célebre. Lo paga la industria. Y lo que en teoría sirve para terminar tu tesis doctoral, en realidad consiste en tratar pacientes a destajo"
E non se trata dun tema político, non. Trátase dun tema no que un sistema de asistencia universal ten moitos problemas para cubrires a súa demanda de servizo e de cales son as consecuencias.
Por cada 3 meses de lista de espera que ten un centro público, ¿onde rematan os doentes e, polo tanto, os cartos?... As iniciativas de eficiencia do sistema e de aumento da productividade sempre atopan trabas na propia estructura administrativa, na 'representación dos traballadores' e nesa escasez de persoal sanitario (Hai 15 anos enfermeiras, agora facultativos).
Mais cando un fala de cousas que se fan en outros paises como o Reino Unido e Noruega onde a enfermería especializada presta servizos asistenciais como anestesia supervisada de doentes ASA 1, ciruxía menor, atención ambulatoria cando se trata da aplicación de protocolos consensuados... entón sáenche conque non se ten a formación, conque non se pode desvestir un santo para vestir a outro...
E claro, por non falar das consecuencias da nova lexislación e do Sistema Nacional de Dependencia no que a enfermería debera se-la profesional de referencia no eido dos coidados e de tódalas facetas dese coidado (como a medicación preventiva protocolizada) e non unha especie de 'recadeira' de persoas apoltronadas en despachos lonxanos.

Para rematar:
"la política de universidades y de plazas ha sido una chapuza total. Independientemente del color político, las comunidades autónomas han montado sus reinos de Taifas y no hay movilidad"
Faime gracia dado que agora estamos 'lidiando' coa homologación da carreira profesional e, a pesares do claro que o pon o BOE do 27/2/2007 aínda hai que andar con certificados, e outras lerias... E tamén ten chiste que si o citado BOE pon...
Los servicios de salud reconocerán de manera automática los grados de carrera acreditados por un profesional en otro servicio de salud (grado inicial por inicial, grado I por el I, etc.), referidos a la misma especialidad, categoría profesional o grupo de titulación.
se teña que constituir un Observatorio de carreira profesional no SNS e o Consello xeral de colexios veña a dar brasa coas desigualdades entre comunidades; eso tíñano que ter manifestado cando se lles consultou sobre a LOPS e o estatuto marco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input