Google+

O estatuto invisibel.

A verdade é que nin eu mesmo dei creto cando lin a nova alí nun recunchiño da revista electrónica "diario enfermero" no número 107: "As cortes de castela e león aproban o estatuto xuridico do persoal estatutario do servizo de saude de castela e león" e lle asignaba o seu 'tensiometro verde' pois seica é a primeira comunidade en cumpri-la obriga sinalada no estatuto marco.

Ainda que os detalles dos feitos da sesión plenaria do parlamento non son para deixar de lado (aplaudiron o noso colexio e tódolos sindicatos agás UGT) o que a min me chama a atención é que tendo os centros sanitarios ese "fermoso" decorado que son os milleiros de notas informativas nas que as diferentes formacions sindicais trasladan os debates das distintas posicions que sosteñen en múltiples temas, reflexan co seu logo/insignia a mesma información pública un tras outro (que digo eu que isto SI o podían centralizar ó traveso das xuntas de persoal) e das convocatorias de emprego en marcha dende fisterra até canarias; a pesares de todas estas notas digo, ningúen sabía nada de que o proxecto estaba a piques de seren aprobado.

Mais sorprendente é a falla de información e de presenza do proxecto na páxina do própio parlamento de Castela e León (nen no boletin oficial nen no diario de sesions), na páxina do "consello de colexios profesionais de castela e león" por non dicir ren da páxina do colexio de enfermería de león. Nen tan sequera a única voz disonante sobre o proxecto amosa ren sobor del nas súas webs de servizos públicos autonomica, nacional ou na webxeral da autonomía nen se falou delo no seu foro de sanidade...

Comprendo e comparto que a lei non entra en vigor ata que se atope "negro sobre branco" no Bocyl mais coido que si houbo algo de debate ou puntos controvertidos se debeu informar ós afectados. Eu devezo por lelo pois coa sua publicación rematan as enumeracions de funcions e tarefas dos estatutos de persoal dos anos 60 e xa espero que non se escoite mais eso de "a mi eso no me toca que no lo pone el estatuto" que ven sendo unha das lacras do servizo público na que se escudan os liberais para implantar sistemas de semiescravitude como o que vivin en 1ª persoa hai 8 anos.

Ó cabo, estomos ante un estatuto invisibel que será "feito luz" se cadra dempois das eleccions sindicais para que ningúen o empregue de argumento. Eu empregaría nesa campaña como argumento a falla de argumentos; isto é, a ocultación de información para que as persoas decidan en consciencia quen defende e que non os intereses do empregado estatutario.

1 comentario:

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input