Google+

RAZOAMENTO

Como tra-lo trebón chega a calma tra-lo delirio debe chega-la razón e neste caso unha razón que auxilie ó noso "mellor sistema sanitario do mundo" a sobrevivir ós seus propios principios.

As loitas de intereses son moi grandes no eido da sanidade e conscitan alianzas insospeitadas (ou deberan concitalas) entre puntos relativamente distantes do sistema.

Non existindo un único remedio ós milleiros de problemas actuais e futuros da atención sanitaria pública en España en troques si se ten observado unha constante nos derradeiros 10-15 anos: A constante imitación dos plantexamentos do mundo anglo-americano mais; iso si, con peculiaridades.

A maioría dos médicos dí que ese modelo é o mellor porque o médico cobra o que merece. Sen entrar a falar dos millons de persoas sen acceso garantido á sanidade si me gustaría de seguir ese razoamento.

*Por cada médico nos USA que cobre 10 veces mais ca un especialista de Spain hai 10 que mal viven en servizos semigratuitos para pagar o que deben polos seus estudos.

*Nos USA moitos servizos que eiquí DEBEN ser prestados por médicos alí o son por enferméiras especializadas tendo como exemplo mais visible os "paramedics" que é o persoal que asiste ós accidentados nas ambulancias actuando baixo estrictos protocolos.

*No UK a reforma da sanidade pública que implicou a entrada de financiamento privado nos novos centros sanitarios (PFI) -xa comentado nun recente post- tamén levou consigo unhas modificacions legais que RACIONALIZARON a asistencia sanitaria e deron cobertura a realidades establecidas. Por elo alí a enfermería pode prescribir medicamentos e productos sanitarios e pode realizar ciruxía menor e outras técnicas avanzadas.

Claro que estes dous derradeiros puntos sempre quedan fora de calquer plantexamento de reforma sanitaria mais centrada nunha efectividade política ca na efectividade real.

Por elo os partidos de toda cor e signo se distinguen por menter un "modelo mental" no que a enfermería é unha especie de sub-clase que ten como destino realiza-las ordes dos médicos e mante-los papeles en orde e o café quente.

Vergoñento é que nunha comisión do congreso se poda dicir que a enfermería "carece de formación suficiente por ser una diplomatura y no una licenciatura". Argumento triplemente falaz pois indica que: *As enfermeiras facemos cotianmente algo para o que non estamos preparadas, *Que o sistema educativo si que crea inseguridade pois se adican créditos formativos a funcions que non se saben facer (pero se fan) e *indica unha grande ignorancia respecto ó proceso de Bolonia e ó espazo de educación superior europeo no que tales nomenclaturas desaparecen (xa para este ano 2007) e tódolos titulados universitarios se pasaran a chamar "grado".

Por todo elo; si os políticos e os economistas queren de verdade facer algo polo(s) sistemas sanitarios públicos DEBEN contar coa enfermería e outorgarlle XA o amplo abano de funcions que está preparada para levaren a bó portoL non esquezamos que neste 2007 escomenza outro reto xigantesco no "coidar" e no que a enfermería debera ser Clave para o éxito: A Lei de dependencia e o SND (sistema nacional de dependencia). No seu desenrolo deberíamos xogar un papel fundamental como "profesión do coidar".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input