Google+

As cousas do pazo e as prioridades...

O novo goberno galego semella non ter presa nengunha; se cadra é que a composición dos gabinetes non estaba pechada de antemán, se cadra se trata de dar tempo os novos altos cargos para que reciban a información precisa antes de toma-la responsabilidade, pode que se trate dun xeito de mostrar 'sentidiño'... O certo é que a 'catarata' de ceses e nomeamentos non vai tan a presa como desexarian os mais radicais e que as plumas 'ociosas' estan a ter tempo para trazar o que, en teoría, deberan se-las accions prioritarias das consellerías.
Sobor da conselleiría de sanidade só coñezo a información pública e non me espanto de que se trate dun cargo técnico ainda que con simpatía política cara o PSdG (fundación iniciativas 21).
Discrepo no canto de dicir que a prioridade da consellería seña a derogación da Losga... Para por orde fai falla coñece-la situación (sobre todo dos cartiños) e ver de mellorar as fontes de financiamento.
Facer nacer a confianza dos que traballan na sanidade pública e conquerir a súa motivación e colaboración si que será un reto; mais non vexo que priorizar o tema da exclusividade seña unha boa medida, haberá que denunciar e sancionar a quen abusa do sistema en beneficio própio (delicto por todos coñecido) mais non por elo se debe impedir que, quen o desexe, sega a traballar no eido privado. Penso na cantidade de compañeiros enfermeir@s que traballan en mutuas e privadas con regularidade e para os que o emprego discontinuo no SERGAS é unha fonte de ingresos necesaria pero insuficiente.
Xa fai moito que veño sostendo en moitos ambitos que certas 'armas' do sector privado e financiero poden ser empregadas dendo o eido público con grande EFICIENCIA. Tal é o caso das centrais de compras cuia principal traba ven sempre dos que dubidan da cualidade técnica dos productos (ou fármacos) elexidos por outros sen aportar mais argumentos que a falta da "presentación" dos comerciais do laboratorio en cuestión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input