Google+

Intelixencia Emocional - Agasallo de Nadal.

Dende que Goldman publicara o seu libro o fenómeno ó redor deste novo xeito de aborda-la vida non cesou e agora hai unha auténtica industria xirando en torno a ela e as suas secuelas ou fillas (intelixencia constructiva etc.) mais eu sempre me preguntei que relación neuro fisiolóxica tería todo esto i si realmente fora Goldman o primeiro en velo.

Para a segunda cuestión a resposta acheina nun boltin de Escepticemia (e-boletin de Doyma que vos recomendo) adicado á neurociencia. Nel reseñase un libro escrito hai 10 anos por Antonio Damasio co suxerente titulo "O erro de Descartes" no que se dá conta de que a separación entre a materia da que está feita o cerebro e a mente non é posibel i que as emocions agás de seren claves na conducta human, entán na base da consciencia, do pensamento e dos proxectos persoais.

O debate e a investigación seguen abertos, mais é evidente que as "ciencias da mente" ou neurociencias están no centro da atención científca, filosófica e intelectual do momento. Por elo non quero pasar o día de nadal sen vos recomendar un agasallo:

O libro de resumen das entrevistas que Eduald Punset (que persoaxe) fai no programa RedesTV e que se titula " Cara a cara con la vida, la mente y el universo " coido que é unha ocasión única de darlle a esa persoa estimada unha visión ampla do que nos rodea para que poda decidir por sí mesma i enfronta-la vida de outro xeito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input