Google+

Asociacion de Enfermería Comunitaria

Ainda que toda a miña vida profesional se ten desenrolado no eido da atención especializada e que (semellame) coa "blindaxe" que se oferta agora escusandose nas especialidades non vou trocar de ámbeto de traballo en toda a miña carreira; o certo é que tento manterme informado dos outros aspectos da actividade enfermeira visitando webs e estando apuntado a listas de correo ( Investen, seei, enfermería de urgencias, aec... ).



Desta última vai este post. Nestas datas acabo de recibires un correo da Asociación de enfermería comunitaria anunciando a posta en marcha dun foro co atinado nome de ágor@. Tiven curiosidade i decidin explora-la web para comprobar que os cartos dos socios desta organización si estan ben empregados (ou teñen bó patrocinio que contactos non han de fallar).

Visitade a web; ten un bó diseño e semella pertinente en contidos, non en balde anda nelo Adolf Guirao e outra xente con experiencia na web.

Poida que pensedes que xa existen foros dabondo para os temas enfermeiros e que sexades partidarios de canaliza-los debates profesionais ó traveso dos foros da OCENF; eu son reacio a todo o que sexa asociacionismo obrigatorio porque sempre acaba ocorrendo que unha persoa (elexida non se sabe ben como) di falar en nome de todos os membros ainda que a maioria se expresen contra a súa pertenza a esa asociación; i esta persoa emprega o nome de todos para negociar e facer presión sobre os temas que lle interesan e no senso que lle interesa.

Nunha asociación cientifico-profesional de caracter voluntario soe habermos mais participación e de mais calidade e nos modelos de desenrolo profesional alto (eses que nos mentan sempre: Os anglosaxons e o franco-canadiano ) son estas asociacions as que levan a voz cantante no canto á adopción de códigos profesionais, programas formativos específicos do eido no que se desenvolve a asociación, politicas de investigación etc.

Eso, que por aqui podedes respostar que eu non tiro a pedra i escondo a man... (non é preciso deixar un mail para facer comentários).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Normas de Publicación de Comentarios:

1.-Non se aceptarán comentarios que non teñan relación coa temática tratada neste blogue e o artigo en cuestión. Para comentarios de índole xeral empregar outras canles.
2.-Prefírense os comentarios asinados ainda que se permiten os anónimos. A educación e o respeto son imprescindibles porén a confrontación argumental que poida existir. Non se publicarán descualificacions ou insultos aínda que o autor se identifique.
3.-Si o teu comentario non se publica ó cabo de 48 horas podes porte en contacto polas vías alternativas; asemade si sufres atrancos técnicos.

Gracias pola túa aportación
Gracias por tu aportación
thanks for your input